Notábaselle a súa procedencia campesiña. Á fin e ao cabo, en contacto co campo aprendera o ciclo do tempo, o temor ás xeadas, a paciencia da espera, a necesidade da auga, do sol, do aire, de moitas mans traballando na colleita ao mesmo tempo.
De cando en vez avisaba: “Ás 4 da tarde, invito a todas as que poidan a baixar comigo ao xardín a recoller noces e partilas e a dar a volta ao feo”. Sempre que podía íase á granxa, daba para comer aos coellos e ás galiñas, ou o biberón a un tenreiro que se quedou sen nai.
Un día que estaba entretida xunto a un vello cabalo ao que tiña moito agarimo, fun darlle un recado (cóntao Paulina Perdrau, a pintora de Mater) e mentres llo explicaba, pensei que lle estaba facendo máis caso ao cabalo que a min. Notoume a queixa na cara e díxome con malicia: Véxote moi ocupada de ti mesma, Paulina...? Outro día, estaba eu subida nunha estada da igrexa retocando unha pintura cando a oín chamarme: “¡Paulina baixa! A irmá encargada das vacas non está, ven a coidalas comigo. ¡Fai un día precioso! “
En abril de 1865, tiña 85 anos e quedáballe soamente un mes de vida (morreu o 25 de Maio dese ano). Nunha carta a Estanislao, un sobriño seu, comentáballe que en París estaban tendo unha primavera espléndida e que esperaba que non houbese algunha xeada tardía, porque iso estragaría todas as flores. Nos comezos de Maio, Sofía gozaba do bo tempo e pasaba algunhas mañás no xardín. Sentada baixo o cedro, a súa árbore preferida, esperaba a que as pequenas viñesen durante o recreo a estar con ela. E era entón cando se sentía plenamente feliz porque estaba rodeada do que máis lle gustaba: os nenos e a natureza


O seu irmán Luís, a pesar da súa severidade, fíxolle un gran favor: conseguiu afeccionala a ler, a entender o que lía e a gozar aprendendo... Chegaron a encantarlle Homero e Virxilio e estudábaos en paralelo aos Pais da Igrexa. Aprendeu castelán e tivo a sorte de poder ler “en directo” a Santa Teresa, a San Juan de la Cruz e ríase moito co Quixote...Pero nin era rara, nin un rato de biblioteca: encantáballe divertirse, saír coas súas amigas e pórse roupa bonita...

Cando viviu en París, botaba de menos o contacto directo co campo, poder ter algún animal en casa, como aquel cordeiro recentemente nacido que lle regalaron cando era pequena, que a seguía a todas partes e que quedaba quedo aos seus pés cando sentaba...
Un día o seu irmán Luís díxolle sinalándoo: -"Ves ese cordeiro, quedo xunto a ti? É o seu xeito de mostrarche o seu agarimo..." Sofía contaba de maior que aquilo lle ensinou moito sobre a oración: permanecer queda e en silencio ante Xesús amándolle...

 

Tivo unha infancia dura porque Luís, o seu irmán sacerdote foi un titor moi severo que non lle pasaba unha. Tratábaa con rigor, facíaa estudar constantemente sen darlle case tempos de descanso, quería que comese e durmise pouco e impúxolle un horario moi estrito. Tampouco lle deixaba elixir o que lle gustaba e suprimiu do seu plan de estudos todo o que lle parecía que podía exaltar a súa imaxinación ou a súa sensibilidade. Quitáballe das mans un libro que lle divertía, non lle permitía ir xogar coas súas amigas, demostraba o seu desprezo polos traballos literarios en que se esforzou, e máis dunha vez botou ao lume os labores que estaba facendo porque lle parecía que puña nelas vaidade.
A Sofía aquelas cousas doíanlle tanto que con frecuencia choraba ás agachadas, volveuse encollida e medorenta e de maior tivo que loitar moito coa súa inseguridade e os seus medos.
Pero grazas a iso aprendeu tamén a cultivar moito o sentido do humor, a pór distancia ante os pequenos problemas e a rirse deles. Comprendeu os aspectos positivos que tivera a súa educación: misteriosamente, aquelas esixencias desmesuradas ensináronlle a ser forte por dentro, a facer pouco caso da súa esaxerada sensibilidade, a facer máis firme e á vez máis flexible a súa vontade e tamén a ser máis humilde.

O día da profesión, cando xa debían estar na capela, as súas compañeiras buscaron á irmá Sofía. Atopárona baixo a nogueira do patio, inmóbil, coma se todo o demais desaparecese para ela excepto o Señor que se lle comunicaba. Cando saíu daquel estado, dirixiuse radiante e acendida ata o altar no que ía a consagrase a Aquel que acababa de cativala

 

 

Unha das rochas en que apoiou sempre a súa vida foi un amor inquebrantable á Igrexa. E mantívoo sempre a pesar de que viviu “no ollo do furacán” dun conflito eclesial que existía no momento histórico que lle tocou vivir. Por unha banda, os bispos franceses desconfiaban dunha Congregación que se estendía fóra de Francia e querían manter a autoridade sobre ela custe o que custe. Por outra banda, moitas persoas vían necesario que, se a Sociedade do Sacro Corazón quería implantarse noutros países, a Casa Xeral debía estar en Roma cerca do Papa, centro visible da Igrexa. Sofía estaba no medio das dúas tendencias e calquera decisión que tomase, era mal interpretada polos que sostiñan a postura contraria.
Este conflito foi unha das maiores causas de sufrimento da súa vida e viviuno con paciencia, humildade e sabedoría. Dicía: “Por temperamento non son receosa. Non me gusta pensar mal de ninguén. Se alguén obra mal abertamente, penso que o fai con boa intención e non indago máis. A través de todo, o Señor fai a súa obra. Como adoito facer, non teño senón que deixarlle facer e El sacará o ben do mal. Sen dúbida, para non atopar obstáculo aos seus plans, o Señor escolleu un instrumento tan pobre e desprovisto de medios naturais; de telos, quizá me foi difícil sacrificalos para actuar ao meu xeito. O Señor quería que esta obra non fose de man humana, senón enteiramente súa”

 

Estaba a piques de despedirse de Filipina Duchesne á que enviaba a América, xunto con outras catro compañeiras. Embarcábanse no veleiro Rebeca e emprendían unha aventura difícil e arriscada: viaxar naquel tempo estaba cheo de perigos e enfrontábanse cun mundo descoñecido. Sofía díxolles: “Aínda que non conseguisedes máis que abrir en Luisiana un sagrario, un só; aínda que non conseguisedes máis que ensinar a un só indíxena a pronunciar un acto de amor a Xesucristo, non vos parece que iso é suficiente para que sexades plenamente felices?”
 
Chegou ao internado unha nena moi pequena, conta Paulina Perdreau, que me pareceu moi consentida, así que, para empezar a educala, non lle fixen máis caso que a outras e deixeina no seu cuarto como ás demais. Sofía sóuboo pola mañá e enfadouse comigo: “¡Faltouche corazón e sentido común! Como se che ocorreu deixala soa na súa primeira noite” No Sacro Corazón as nenas teñen que sentirse na súa casa. Eu tróuxoma a durmir ao meu lado, consentiuna e contado contos, deulle todo o agarimo da familia que lle falta...Tiñas todo o amor de Xesús a malgastar con ela e ¡non o fixeches!. Creo que non esquecerei nunca a lección...”

 

Toda a vida gustáronlle moito os animais e ás veces metíana en leas, como cando se decatou de que ían facer desaparecer as crías dunha gata e fixo o posible para escondelos e que non os atopasen. Como é natural aquela gata tomoulle un enorme agarimo a pesar da súa fama de animal arisco...

No xardín dun dos primeiros colexios que fundou en París había un gran cedro que ela mesma plantara e adoitaba sentar á súa sombra. Rodeábaa a xente pequena a quen tanto quería e tamén das maiores que se sentían atraídas pola sabedoría, a comprensión e a tenrura daquela muller á que podían contarlle todo, preguntarlle e confiarlle todo, e coa que sempre terminaban falando de Xesús.

Cando morreu, puxeron esta inscrición xunto á árbore:
"Este cedro foi plantado pola M. Barat en 1820 e con frecuencia descansaba á súa sombra. Ela traballou para os que buscan a verdade e foi fiel ao camiño da sabedoría."