|
Proceso de formación
|
||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||
|
As relixiosas do Sacro Corazón, unificadas
pola visión común que brota da nosa espiritualidade, e comprometidas
nunha diversidade de campos apostólicos necesitamos unha longa formación
para vivir este servizo como "espazo e camiño para anunciar
o amor do Corazón de Xesús".
Esta formación está marcada polas esixencias da evanxelización nun mundo afectado pola indiferenza e as inxustizas e chámanos a ser mulleres de fe, de vida interior, de relación fraterna, enviadas aos diversos compromisos segundo o carisma de Magdalena Sofía manifestar o amor de Deus nun mundo cheo de desamor. |
||||||||||||||||||||||
| VOLVER | ||||||||||||||||||||||
| Etapas | ||||||||||||||||||||||
|
Unha vez que a candidata
está admitida pola Provincial, desígnaselle unha comunidade,
para que coñeza o noso estilo de vida relixioso, e vexa se a súa
chamada responde ao carisma da Congregación. O obxectivo desta etapa
é o coñecemento mutuo para discernir mellor a vocación.
A comunidade axuda e acompaña á candidata, e iníciaa
na oración comunitaria e a relación fraterna.
|
||||||||||||||||||||||
|
A formación
propiamente comeza co noviciado. Esta etapa dura dous anos
e ten como obxectivo pór os cimentos da espiritualidade da Congregación.
Nesta etapa a novicia familiarízase con Deus na oración e segue
o plan de formación persoalmente e en grupo. O noviciado acaba coa
aceptación por parte da candidata de vivir na sociedade e se a Sociedade
do Sacro Corazón considera que ese é o seu camiño, permitiralle
facer os votos.
|
||||||||||||||||||||||
|
A moza profesa.
Feito o noviciado comeza unha época de formación intelectual
e teolóxica. O obxectivo desta etapa é prepararse para a misión
da Sociedade e abrir horizontes para un servizo aos demais. A moza profesa
vive nunha comunidade e realiza un traballo apostólico (nalgunha obra
educativa ou nalgún proxecto da congregación. Pode empezar ou
seguir os estudos civís).
Antes de acabar esta época deberá facer unha experiencia internacional dentro das comunidades e misión da Congregación, para abrirse e comprender outras realidades e que completen a súa propia experiencia. |
||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||
|
A Probación.
A moza profesa terá un tempo de preparación para a profesión
perpetua. É un tempo que dura uns 6 meses, no cal posibilítase
un encontro co Señor e con ela mesma dentro dun grupo internacional
que permite fortalecer o sentido de pertenza á Sociedade e experimentar
os retos que nos ofrece a internacionalidade da Congregación introducida
en tantos lugares do mundo. Durante este tempo as probanistas fan o mes de
Exercicios. Acaba esta época co compromiso dos votos perpetuos e a
relixiosa é enviada de novo a vivir nunha comunidade.
|
||||||||||||||||||||||
| VOLVER | ||||||||||||||||||||||